1 nov. 2007

LETRAS... NÚMEROS...ler e escribir? contar?

Que temos que facer primeiro? escribir? ler? as dúas cousas? coñecer as letras? coñecer as sílabas? coñecer as palabras? coñecer as frases? coñecer os textos? contar? saber os números do 1 ou 10?
saber os números do 1 ó 1oo?
utilizar os números propios da nosa vida? As respostas están aquí: No interese propio dos nen@s de Educación Infantil, e tamén das familias, está o desexo de aprender a ler e escribir. Un desexo que os nen@s amosan cando preguntan: que pon ahí? xa sexa unha nota que enviamos ás familias, un conto, un libro ou unha etiqueta dalgún producto. O máis importante é que os nenos reciban respostas, non vale dicir: uf, é algo moi difícil non o sabes ler, nin: xa o saberás cando sexas maior... non, iso non lle axudará, teremos que darlles respostas, e axudalos a avanzar segundo o seu nivel, e sobre todo segundo os seus intereses. É moi importante traballar con diferentes textos, con diferentes tipos de letras, con diferentes formatos... e así, poñendo moitos materiais á súa disposición, pouco a pouco os nenos/as familiariazaranse cos diferentes textos que hai. Non só temos contos, nin fichas... non! temos listas da compra, receitas de cociña, prensa, publicidade... polo tanto dispoñemos de moitas posibilidades para achegar cada vez máis ós nen@s ó mundo da lectoescrita. E moitas veces estes textos levan consigo números (os prezos e nomes das cousas nos folletos publicitarios, os ingredientes e cantidades nas receitas de cociña...), co cal estamos tamén entrando no mundo la lóxica matemática. Nós na escola, estamos tentando entrar de cheo nese mundo das letras e dos números de xeito real, de xeito significativo, e para iso estamos traballando con materiais propios do noso entorno, e da nosa vida.

O primeiro que facemos para poder comezar a ler e escribir e familiarizarnos coas letras e as palabras, e para iso utilizamos os nosos nomes.


Fixemos o noso nome con letras móbiles.


Escribimos os nomes de todos os compañeir@s e o número de letras que teñen.


Aprendemos a escribir os nomes dos compañeiros xogando ó encrucillado, e tamén contamos cantas letras ten cada nome. Alguén non ten foto, que nome terá que ir ahí?


Como xa sabemos os seus nomes, é moi fácil localizalos, pero falta o nome dalguén, escribiremos
o seu nome debaixo da súa foto.


Tódolos días no calendario vemos os números do 1 ó 31, e miramos a temperatura (xa sabedes que se mide en graos, non?) vemos o ano 2007... polo tanto non chega con coñecer os primeiros cardinais.


O resultado de medirnos, para comprobar as variacións que críamos que había entre as parellas comparadas, reflíctese na gráfica.


Na "Caixa Máxica" apareceu un aparello (unha báscula), que sería? entre todos soubemos dicir que era algo para pesar, e postos a pesar: pesamos papel, carpetas... e pesámonos nós, para comprobar ademais do peso propio (pois é un número na nosa vida, e concretamente, un número do noso corpo), que ás veces nos engañamos, pois nós pensabamos que Sara que é a máis alta da clase tiña que ser tamén a que máis pesa, e non é así.


Tamén miramos o número do noso pé, pois para que terán números os zapatos? e pasamos os números de todos a unha ficha, comprobando cal tiña o pé máis grande e cal o máis pequeno.



Fixemos folletos publicitarios para o noso "super" e pensamos que prezos poñer a cada cousa, e tamén estamos aprendendo a mercar con euros, a nosa moeda (bueno son moedas e billetes de xoguete, pero teñen valores reais e estamos tentando aprender ben o seu uso para que ninguén nos engane).


Tamén temos números nos reloxos, porque...se non houbera números... como saberíamos que hora é? Nós aprenderemos a mirar a hora no reloxo practicando có noso.


Anda! o noso coche tamén ten números: na matrícula, no velocímetro, na radio...

Aínda nos quedan por descubrir un montón de lugares nos que hai números e letras, pois tal como dixo TAC (o noso amigo, o trasno) o mundo esté cheo deles, e ¿que faríamos se non existisen? xa vos teremos informados das nosas pesquisas.

4 comentarios:

ANA dijo...

Ola a todos os Pulpis!!!
Estou moi impresionada de todas as cousas que facedes, que ben o pasades e cantas cousas sabedes!!
Toda a clase dos Globos estamos moi contentos de poder ver as cousas que facedes porque os botamos moito de menos e nos acordamos moito de vos. Así será máis doado saber de vos e comunicarnos e incluso podemos "copiaros" algunha actividade chula para facer nos aínda que sexamos máis pequenos...
Moitas grazas a vosa profe por facer isto posible!!
Moito ánimo e moitos bicos para todos!!

José Carlos dijo...

Ola a tod@s a verdade é que estou abraiado por todo o que facedes. ¡Que sorte! e que cousas tan orixinais. Dende logo espero que algún día vos pasedes pola clase das ras e nos ensinedes algunha ( como por exemplo a poñer o noso nome en expcio ou onde estan eses paises dos que nos falades). Tamén quizais vaiamos nos a visitarvos e coñecer esa "caixiña máxica" e ver algo do que contén. Un saudo para tod@s

Bea dijo...

ola!!os pulpis soemos ter a porta pechada (para poder traballar mellor)... pero estaremos encantados de que veñades a facernos unha visita, así que o único que tendes que facer será petarnos na porta. Non sabedes o que nos gusta que veña alguén que non sexa dos Pulpis, porque xa nos temos moi vistos!!!
Vinde cando queirades (seguro que teredes un montón de Pulpis encantados de ensinarvos a escribir o voso nome en exipcio, de amosarvos fotos de diferentes países...) estámosvos esperando!!

Paula dijo...

¡Esta genial !
Esta muy linda la pagina de los pulpis...
Y para bea muchisimas gracias por toda tu preocupacion eres muy buena....y dedicada..

Un gran saludo a todos estos pulpis y en especial al mio el pulpi Enzo un beso grande a todos...