22 jun 2008

ÚLTIMA SEMANA DE COLE

Aínda que actualizado tarde, deixóvos aquí algunha información das cousas que fixemos na "última e estresada semán". Última porque xa rematou o curso, e estresada porque a clase dos globos e nós tiñamos que pasar tódalas probas que o Capitán Cara de Pan nos pedía na webquest para poder atopar o tesouro que os piratas inimigos agocharan no cole, entón a présa tivemos que pasar moitas probas: facer un catalexo, facer un gorro, poñer un parche, facer un barco con bandeira pirata, grabar cancións piratas (que van incluidas no noso disco)... efinalmente atopar o tesouro.
Aquí veredes como fomos para a casa despois de atopar o tesouro: co noso parche, o gorro pirata, o catalexo, un carnet co noso nome pirata (e que estaba agochado no tesouro, no medio de moitas moedas de ouro e chocolate, claro).

3 comentarios:

José Carlos dijo...

Non perdas esa ilusión polo teu traballo nen esas gañas de crear e inventar.
Foi un pracer compartir colexio contigo e moita sorte no teu novo destino

Anónimo dijo...

Moitas grazas, e dende logo sabes que para min tamén foi un pracer, xa que me sacaches de moitas dúbidas, e compartimos alomenos o gusto por engadir as TIC´s nas nosas aulas.
Seguiremos en contacto!!!!
Grazas outra vez!!

montaje de muebles dijo...

que preciosos esta lo niños de donde sois