7 oct 2009

O NOVO BLOG DO CURSO 2009-2010

Este é o novo enderezo:
http://cousasdepeques.blogspot.com

1 nov 2008

O MEU NOVO BLOG DO CURSO 2008-2009

Agora podedes visitarme no meu novo blog:
http://ratosdeescola.blogspot.com

22 jun 2008

PULPI-LICENCIADOS EN EDUCACIÓN INFANTIL

ÚLTIMA SEMANA DE COLE

Aínda que actualizado tarde, deixóvos aquí algunha información das cousas que fixemos na "última e estresada semán". Última porque xa rematou o curso, e estresada porque a clase dos globos e nós tiñamos que pasar tódalas probas que o Capitán Cara de Pan nos pedía na webquest para poder atopar o tesouro que os piratas inimigos agocharan no cole, entón a présa tivemos que pasar moitas probas: facer un catalexo, facer un gorro, poñer un parche, facer un barco con bandeira pirata, grabar cancións piratas (que van incluidas no noso disco)... efinalmente atopar o tesouro.
Aquí veredes como fomos para a casa despois de atopar o tesouro: co noso parche, o gorro pirata, o catalexo, un carnet co noso nome pirata (e que estaba agochado no tesouro, no medio de moitas moedas de ouro e chocolate, claro).

12 jun 2008

NOVAS PROBAS DA WEBQUEST NO EDI

Ó ter superada a primeira proba que nos mandou o Capitán Pirata na webquest, e que era a de construir o noso propio barco, e que plenamente a superamos tanto nós coma a clase dos globos. Hoxe fomos a buscalos para seguir superando probas.
E temos un par delas para facer, unha é que temos que ensaiar varias cancións piratas que coñecemos para mañá gravalas co micrófono e insertalas no noso disco de "TODO ÉXITOS PULPIS 2007-2008" que pronto sairá ó mercado.
E a outra proba que nos mandou foi que construisemos os nosos catalexos para poder vixiar coma os piratas.

1ª PROBA SUPERADA, XA TEMOS BARCO PIRATA!!!

Mirade o resultado, é un galeón atípico, pola súa forma e sobre todo polos seus materiais, pero nós fixemos o barco tal e como nos propuxo o Capitán Cara de Pan.

10 jun 2008

AUTÉNTICOS PIRATAS

Hoxe, dous dos encargad@s do día, convertéronse en auténticos piratas. Enzo e Claudia, foron a buscar ós nosos compis os Globos para que viñeran a ver unha nova webquest no EDI.
Nela, o Capitán Cara de Pan, mandanos facer unhas probas e investigar cousas sobre os piratas, para que tras pasar tódalas probas, podamos recibir outra mensaxe con pistas sobre onde se agocha o tesouro do cole.
Unha das probas que temos que superar agora é construir o noso propio barco pirata, pero aínda nos queda moito por facer, digamos que aínda está no asteleiro.

5 jun 2008

5 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe festexamos o día do medio ambiente, facendo a nosa pequena aportación ó coidado de medio, e sobre todo á concienciación da súa importancia.
Falamos na asmblea sobre o tema: que é o medio ambiente? como podemos colaborar á súa conservación e coidado? que pasaría se a basura se amontouse na rúa? que pasaría se non tivésemos árbores? e se non houbese animais? estas foron algunhas das preguntas feitas, e as respostas dadas, recollinas nun documento que hoxe se levaron para a casa, xunto cunha ficha que fixemos.
Pero a nosa aportación non foi só esa de concienciación, senón que seguindo o noso xeito de separar a basura da clase nos contenedores azul, verde e amarelo; convertémonos na PANDA DOS MONSTROS REFUGALLADORES...

E saímos a patrullar polo cole con máis "contenedores" e separamos as basuras doutras aulas, facéndolles ver o que para nós é tan importante.

4 jun 2008

OS NOSOS PRIMEIROS DEBUXOS SOBRE PIRATAS

Onte cada un debuxou o que para el ou ela eran os piratas, e tamén falamos das nosas ideas iniciais sobre o tema.
Despois, escollimos dous dos debuxos máis bonitos (que resultaron ser os que fixeron Iago e Enzo) e fotocopiamolos en branco e negro, en lugar de colorear unha ficha de libro ou de internet fotocopiada, así somos nós os verdadeiros editores das fichas, e cada un os pintou como quixo.
Así quedaron pintados os debuxos:

NOVO CONTO TIC DE VOLTA A SEVILLA

Aqui vos deixamos un novo conto TIC que rematamos, dos que nos mandaron os nosos compañeriso do Proxecto Benclalu.

3 jun 2008

ALGUÉN COÑECE PIRATAS? E CANCIÓNS DE PIRATAS?

Mirade o vídeo, e veredes a un pirata coñecido, logo tentade aprende-la canción.

COMPROBACIÓN, UN CEMPÉS TERÁ 100 PÉS? CANTOS ZAPATOS PRECISARÁ?

Lembrádesvos de que a semán pasada veu a mamá de Enzo veu a contarnos o conto dun cempés bailarín, e que quixemos comprobar cantos zapatos precisaría un cempés, e polo tanto, cantos pés tería??? pois hoxe finalizamos a actividade, e o resultado foi ben redondo. Un cempés precisaría 100 zapatos, ou tamén 50 pares de zapatos, que ven sendo o mesmo. Para comprobalo, e dado que nos axudaron a face-los zapatos, convidamos á clase dos globos a contar con nós cantos zapatos precisaría un cempés, e xa saímos de dúbidas, pois algúns crían que: 13, 8, 40...
Mirade como fomos capaces de chegar a esta solución.


2 jun 2008

OS NOSOS VERMES


Cada día nos sorprendía máis o crecemento dos vermes de seda, pero... dun día para outro algúns se ían convertendo en capullos de seda. A que parecen "Gusanitos"?

COIDADO!!! HAI PIRATAS POLO COLE!!

Sí, sí, sí!! o que líchedes, hai piratas polo cole. Hoxe ó abrir a Caixa Máxica, e despois de bastante tempo sen ter nela ningunha sorpresa, hoxe sí que quedamos sorprendid@s, cando os encargard@s abriron a caixa, e... tiñamos unha mensaxe pirata nunha botella!!!!. Escribiuna o Capitán Cara de Pan, que nos pedía axuda para atopar un tesouro que agocharon no cole os seus inimigos o Pirata Capa de Prata, e o Pirata Pata de lata, pero... non podíamos buscalo sen máis, para poder axudarlle a atopalo, precisamos saber moitas cousas sobre os piratas, así que... xa sabedes o que nos toca:
A INVESTIGAR!!!!!


Nós fomos a pedirlle axuda á clase dos globos para que nos axuden, pero tamén aceptamos calquera tipo de axuda que vós nos podades achegar, ben a través dos nen@s (enviándonos información, libros de piratas...) ou ben a través do correo electrónico (sexades quen sexades, podedes colaborar). A dirección é: clasedebea@hotmail.com
Moitísimas grazas de antemán!

CADA VEZ SOMOS MÁIS OS QUE TEMOS 6 ANOS

Parabéns a Claudia que hoxe estivo de cumpreanos, e nos invitou a un ovo de chocolate con sorpresa!!!!

30 may 2008

BUSCADOR INFANTIL

Se queremos deixar ós nen@s facer as súas propias búsquedas por internet, sen temer que vexan "cousas raras"podemos facer uso dun buscador infantil. Probadeo!!

ENCICLOPEDIA DE ANIMAIS PARA NEN@S

Pois sí, navegando pola rede atopei unha enciclopedia de animais, na que os nen@s poderán ter datos sobre os animais que desexen, seguindo a información dunha rá.
Queredes velo? Pois aquí está Yagoope.

29 may 2008

FIXEMOS PUZZLES!


Se hai algo que ós nenos e nenas de infantil lles gusta son os animais e os xogos, así que, por que non xogar cos animais? Pois aproveitamos e fixemos cada un o seu puzzle dun crocodilo.

A MAMÁ DE ENZO CONTOUNOS UN CONTO E ALGUNHAS FÁBULAS

Hoxe foi a nai de Enzo a que nos veu contar contos. Contounos primeiro o de "El ciempiés bailarín" e logo algunhas fábulas, desas de animais, que tras de sí levan unha ensinanza. Sabedes cales son, verdade?
Pois tra-la súa lectura, tivemos que facer algo, pois sempre despois dalgún conto temos que realizar unha actividade, pois cada conto nos permite traballar moi diferentes aspectos.
Este, o do "cempés bailarín" deu pé a que traballemos as matemáticas, e máis concretamente o conteo e a numeración (ata o 100), os pares e impares...
O primeiro que fixemos foi debuxar o cempés, cada un ó seu xeito, e cun número de patas máis ben aproximado, que non exacto. Pero como non me conformaba con iso de facer as patas "máis ou menos" a ollo, pois decidín que lle tiñamos que facer zapatos a un cempés, así que, puxémonos mans á obra e comezamos a pintar con rotuladores zapatos (había dous en cada ficha) pero unha vez que rematabámos de pintar dous, e collíamos outro par de zapatos para decorar, víamos que o montón de fotocopias seguía sendo grande, así que... decidimos pedir colaboración ós nosos compis de 4 anos (a clase dos globos) e eles tamén están decorando zapatos.
O luns, veremos cantas patas realmente ten un cempés, posto que teremos que numerar os zapatos ata chegar ó seu número de pés.
Que vos parece a idea?

28 may 2008

PINTANDO COMO JACKSON POLLOCK




















No EDI hoxe algúns puideron pintar coa mesmísima técnica de Jackson Pollock, e veredes que os cadros eran moi parecidos ós del.
Tedes nos enlaces da dereita o desta aplicación por se queredes practicar no voso ordenador.














CANTAS COUSAS DA PREHISTORIA SABEMOS!!

Hoxe rematamos a nosa investigación cavernícola, e xunto cos nosos compis de investigación "a clase dos ratos" e a "dos globos" fixemos un xogo de pistas entre todos.
O primeiro que fixemos foi facer tres grupos, azul, vermello e amarelo... e logo misturámonos todas as clases por cores, de xeito que cada equipo ís con unha ou outra profe.
Pasamos diferentes probas: cruzamos a cova da clase dos globos (cun túnel xigante), cantamos a canción do "Mamut chiquitito" que as profes inventamos, fixemos murais cavernícolas cooperativos, cazamos un mamut (con pelotas, claro) e... atopamos fósiles!!!!!
Logo entre todos recordamos cantas cousas sabemos da prehistoria, e... sabes o mellor de todo? que o pasamos XENIAL!!

27 may 2008

A NOSA 2ª WEBQUEST

Hoxe invitamos ós nosos compis da clase dos Globos a que viñeran a ver a webquest da Prehistoria, e entre todos investigamos. Podedes atopala nos enlaces da dereita, no apartado "webquests dos pulpis".
Aínda que a idea era facela no ordenador por parellas, por falta de tempo e dado que mañá remataremos o noso proxecto da Prehistoria, vímola entre todos no EDI.

EXCURSIÓN Á CASA DAS CIENCIAS

Cun día de retraso chegan as fotos da nosa excursión á "Casa das ciencias", e onde mellor o pasamos, a parte do bus (coma sempre) foi no Planetario, e vendo os poliños recén nados,e os insectos camuflados. O resto máis ben era para nenos/as máis maiores.

25 may 2008

CONTOS COOPERATIVOS

Estamos rematando os Contos Tic que nos envían os nosos compañeir@s andaluces por correo electrónico, e que logo montamos en Power Point. E tamén lles estamos enviar os nosos inicios de contos para que eles rematen os que nos comezamos, mais aproveitando a posibilidade de que eses inicios de contos podan ser rematados por outros compañeir@s, pasámosllos tamén a outras clases do cole. Así, na clase do paiaso, están rematando 3 dos nosos contos, e a clase dos globos (de 4 anos) remataron un que comzou Iago sobre un cazador prehistórico, e dado que eles tamén pescudaron con nós sobre o tema... fixeron o seu final de conto cooperativo.